Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas Prácticas Recollida Selectiva As tres erres Achéganos as túas ideas Contacto Xunta de Galicia

A elevada produción de residuos constitúe un denominador común a todas as sociedades avanzadas. Segundo datos proporcionados por Eurostat, nos últimos 40 anos os desperdicios domésticos xerados en Europa viñéronse incrementando entre un 1 e un 2 por cento anual ata alcanzar, no 2008, a media de 524 kg por habitante e ano; unha cifra que, como consecuencia da crise económica que nos azouta con tanta virulencia, baixou no 2009 ata en 11 puntos porcentuais, situándonos nos 513 kg, cantidade moi alta.

O caso de España é aínda máis preocupante, tendo en conta que a súa taxa de produción de lixo continúa a posicionarse por riba da media comunitaria, e isto malia que, como consecuencia do varapalo sufrido polas economías familiares, viu reducida a súa xeración de refugallos en 28 puntos porcentuais, descendendo dos 575 kg por habitante no ano 2008 aos 547 no 2009.

Pola súa banda, os niveis de reciclaxe seguen a ser baixos. Fronte ao 24 por cento de media na Unión Europea, o noso país tan só reciclou no 2009 o 15 por cento dos residuos producidos.

Así as cousas, debemos tomar conciencia de que estamos ante un modelo de desenvolvemento insostible, marcado pola máxima de “usar e tirar”, que precisa incorporar cambios para facelo viable desde todas as frontes.

Aínda que as administracións, os produtores, os intermediarios e os comerciantes teñen moito que dicir ao respecto, os consumidores debemos asumir a nosa parte de responsabilidade. Só con introducir pequenos cambios nos nosos hábitos de conduta, conseguiremos minorar en gran medida o volume de desperdicios. Con isto, ademais de evitar o impacto ambiental orixinado polos mesmos, contribuiremos a alcanzar importantes beneficios económicos e sociais.

En Galicia pasamos en pouco tempo de xerar 1 kg diario de lixo per cápita a 1,216 kg; de aí que o Plan Autonómico de Xestión de Residuos Urbanos definido para o período 2010-2020 teña entre as súas prioridades a de estabilizar nunha primeira fase a produción de refugallos, logrando unha redución do 10% no ano 2020. Así mesmo, prevé incrementar os índices de reutilización e reciclado ata o 30%, fronte ao 10% actual, e minimizar o vertido final, a opción menos desexable.

Para alcanzar este obxectivo faise necesario contar coa colaboración de todos e cada un de nós. É por isto que a través da campaña que nos ocupa, Sogama, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, pretende informar e orientar ao cidadán de cara a modificar as súas pautas de comportamento, axudándolle nesta tarefa.

Os criterios que deben rexer calquera política de xestión de residuos xerarquízanse, de acordo coa Directiva Marco de Residuos de 2008, pola seguinte orde:

1 Prevención, tendo en conta que o mellor residuo é o que non se produce. Aquí xoga un papel crucial o consumo racional e responsable.

2 Preparación para a reutilización, alongando a vida útil dos produtos.

3 Reciclado, transformando os refugallos en novas materias primas.

4 Outro tipo de valorización como, por exemplo, a valorización enerxética que Sogama leva a cabo no seu Complexo Medioambiental e mediante a cal logra transformar os residuos non reciclables en enerxía eléctrica suficiente coa que abastecer 100.000 vivendas; un proceso que desenvolve con todas as garantías medioambientais e desde o máximo respecto ao contorno natural e a saúde pública.

5 Eliminación, destinando a vertido tan só aquela fracción de refugallos para a que non cabe ningún outro tratamento contemplado pola lexislación vixente.

best business loansbusiness loans Working Capital SBA Loans Long Term Loans Small Business Loans Equipment Financing Short Term Loads Merchant Cash Advances Big Lines of Credit